Patrocinado porPatrocinado por

Exames á escola do Valadouro

RAQUEL DÍAZ, BORJA GONZÁLEZ, Mª MAR LONGARELA CARTA ABERTA

AGRICULTURA

21 may 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Varias persoas presentadas para a selección da convocatoria de peón agrícola no Concello do Valadouro non estamos dacordo co sistema de selección e a puntuación final acadada.

1ª. Consta como obradoiro de formación cando che piden coñecementos específicos sobre a materia.

2º. O exame era anónimo, no cal non se podían dar datos persoais, pero tivemos que escribir o noso nome nunha cartulina cun número, a cal levaron os membros do tribunal antes de examinar, e a outra parte da cartulina con tan só o número, entregala na entrevista persoal.

3º. A puntuación final non foi acertada posto que nun dos casos tiveron que facer corrección de erros nas listas, sacando 0,50 da nota final a un dos presentados. É máis, as puntuacións das entrevistas foron ilóxicas, polo suposto de como se basan ou que tipo de baremos teñen cando espuxemos case o mesmo e a uns déronlles 3,9, case nota máxima, e a outros 1 ou 1,5, como no meu caso.

4º. Supoñendo que o exame era tipo test, descubrimos ó presentarnos que estaban incluidas catro preguntas para desarrollar.

Polo que chegamos á conclusión de que algúns dos postos que deron xa estaban asignados.

Raquel Díaz Pena, Borja González, María del Mar Longarela.