Lucía Pérez: «Este traxe de baño ten esencia, é da miña tía e terá uns 30 anos»

álex g. chouciño / j. b.

AL SOL

Oscar Vazquez

Dende que descubriu a «silliña», a cantante non pode ir a unha praia sen ela. Nun futuro gustaríalle vivir nunha zona costeira

25 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A súa paixón pola música fai que non pare nin un momento durante o verán. Cando consegue algún oco libre intenta escaparse a algún lugar onde poder relaxarse.

-Que che produce o son do mar?

- Mira, sendo do interior son unha gran namorada do mar. Prodúceme un relax e unha paz que me fai sentir moi ben.

-Buscas fuxir daquela á zona costeira?

-Si. De feito vivirei nun sitio onde haxa mar e algo que teña moita vida e alegría.

-Vémoste en traxe de baño, ¿As marcas do moreno danche igual?

-[Risas] Non. Eu habitualmente uso bikini sen tirantes. Non me gusta ter demasiadas marcas. Pero como agora está tan de moda o traxe de baño, e este en concreto ten esencia, porque é da miña tía e terá uns 30 anos. Díxen: «Esta é a ocasión para poñelo e lucirllo ben».

-É que este ano volve a estar de moda o traxe de baño.

-Totalmente. En principio gústame máis o traxe de baño porque penso que estiliza máis o corpo da muller, pero logo o bikini é máis cómodo.

-¿Cales son os teus plans de ocio en verán?

-Poucos por sorte. Porque o verán é a miña época forte. Cando podo intento coller ocos entre traballo e traballo e vivilos ao máximo.

-Toalla ou tumbona?

-Uy! Eu dende que coñecín a famosa silliña, son de silliña! Moitas veces ata é complicado porque imos a sitios pouco masificados ou difíciles de chegar e claro coa silla complícase a cousa!

-Cómo sería tu chico de playa ideal?

-Non son dos chicos que van completamente depilados ou que están moi musculados e van lucindo tipazo. Gústanme normais, que vaian coidadiños. Eu teño, ao meu mozo, que é o meu chico ideal!

-¿Algunha vez paráronte na praia para que lles cantaras algo?

-Para cantarlles algo non. Pero si que me teñen parado xente. Son situacións raras porque non sabes como poñerte.

-En qué playa che gustaría dar un concerto improvisado?

-Uff! Hai praias que se prestan moito! A praia de San Vicente do Mar, onde actuou meu irmán. O ambiente alí é moi bo. Pero case que escollería unha praia pequena, máis íntima.