Unha revista, charlas, viaxes, xornadas, serven de complemento á labor educativa

La Voz

A MARIÑA

14 jun 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Á par desta tarefa educativa, chamémoslle estrictamente oficial, no centro desenrólanse e promóvense un feixe de actividades culturais, deportivas e lúdicas que serven para complementar a formación dos rapaces e rapazas. Unha das máis consolidadas é a publicación da revista Xornalouro, de periodicidade trimestral, na que participan activamente os alumnos. Dende as súas páxinas levan a cabo unha importante tarefa divulgativa da riqueza cultural da zona e da situación socioeconómica dos concellos de Alfoz e O Valadouro. Tamén hai sitio nela para as novas do propio centro educativo, mesmo para os pequenos acontecementos que a nivel personal lles toca vivir a docentes e alumnos, que son os que conforman a historia, xunto cos pais, deste instituto. A celebración da Semana Cultural das Letras Galegas, as charlas que ofrecen os persoeiros convidados; a elaboración de folletos adicados os escritores homenaxeados; a participación nos actos do Correlingua; premios acadados para proyectos presentados a concursos; as viaxes culturais e lúdicas que levan a cabo ó longo do curso escolar, sexan as excursións de fin de curso ou as estancias en Manzaneda e noutros puntos; ou as actividades que organizan dende hai anos en colaboración co personal da unidade asistencial de drogodependencias do concello de Burela para concienciar ós xoves sobre problemas tan importantes como o da prevención da drogadicción ou do consumo de alcohol, constitúen outros aspectos desa labor formativa.