¿Qué espera del nuevo plan urbanístico de Foz?

La Voz

A MARIÑA

09 jul 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

www.lavozdegalicia.es/amarina Moi ben o do alcalde Moi ben o do alcalde e o seu equipo. O plan xeral de Foz hai que facelo porque senon quedaríamos atrasados moitos anos. O que si se debe facer é buscalo máximo consenso posible para que sexa o plan de todo o concello. A pregunta está servida, o BNG primeiro criticou o plan, agora di que hai que poñer máis zonas verdes. A qué cidadán llo queren cargar? Falta coherencia nesta formación. María García (Foz). Foz: esperpento urbanístico Sendo realista, espero que o PXOM de Foz se reforme, de xeito que na práctica se faga outro. O plan chega tarde. Despois da desfeita urbanística dos últimos tempos, non hai plan que amañe as moitas aberracións que se fixeron. Déronse licenzas a miles, sen deixar zonas verdes nin dotacionais; as rúas estreitas, aliñacións raras, sen aparcadoiros, e agora o PXOM segue a favorecer a 4 escollidos, facendo recaer as cargas e dotacións na maioría de propietarios particulares. A nova lei do solo contempla a efectiva participación dos cidadáns na elaboración dos plans urbanísticos. Esperemos que sexa unha realidade e se consiga un PXOM racional e xusto. Por certo, que pasa coa esperpéntica situación do contencioso da Xunta co alcalde de Foz, que dende logo, ten repercusión sobre o urbanismo futuro. Ai, se Valle levantara a cabeza! Ramón Oural Oural. Estilo socialista Nada de nada... Está feito tendo en conta os intereses políticos, e ao millor os económicos tamén, do sr. Rivera. Asuntos coma este teñen que ter o máximo consenso e o BNG eo PP non apoian este plan xeral. Polo tanto é un fracaso que amosa que os socialistas non saben facer ben estas cousas. Só saben facer ben a propaganda. Jesús (Cangas). Que ponga fin a un urbanismo sin control Teniendo en cuenta la exigua mayoría del equipo de Gobierno lo único que podemos esperar es que con la redacción definitiva se ponga fin a un urbanismo sin control del que siempre ha hecho gala García Rivera. Se acabó la patente de corso. Toño Gallego (Cervo).