M. X. Queizán, hoxe co«Solpor da cupletista» en Ribadeo

La Voz

A MARIÑA

23 abr 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Sumándose aos actos vencellados ao Día Internacional do Libro dende Ribadeo, o Observatorio da Mariña pola Igualdade e a Casa das Letras ribadense apoian a presentación da última obra de María Xosé Queizán, O solpor da cupletista, novela na que presenta a Carolina Otero, célebre actriz e bailarina galega da Belle Époque francesa. Na Casa das Letras, hoxe ás 20.00, estará a propia autora máis Manuel Bragado, director xeral de Edicións Xerais de Galicia que edita a súa publicación. Queizán destaca tamén como figura clave do feminismo galego.