"Quen veña á Festa da Troita, ha querer volver ao Valadouro"

I.D. / Y.G.

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Ferreira celebra este sábado a segunda edición da cita gastronómica

24 jul 2014 . Actualizado a las 16:46 h.

O Concello de O Valadouro xa prepara a súa II Festa da Troita. Celebrarase este sábado, día 26, dende as oito e media da tarde no parque Concepción Arenal. María José Fernández, concelleira de Cultura, área responsable da organización, achega as claves deste festexo cuxa fin non é outra que promocionar a denominación de orixe O Valadouro.

?¿Está xa todo listo?

?Si. Tódolos cabos están ben atados. Ofreceremos empanada e troita rechea de xamón. Xa temos os preto de 150-110 quilos para servir, o resto para filetear de troitas e as empanadas e o xamón encargados.

?Agardando que sexa unha festa moi apetecible para os turistas, ¿cal é o seu obxectivo?

?O obxectivo da Festa da Troita do Concello de O Valadouro é fomenta-lo noso. Lembra-la importancia do río Ouro, que atravesa a vila, en tódolos aspectos da nosa vida; tamén na alimentación, obviamente... Queremos mostrar a nosa riqueza gastronómica e seguro que quen veña, ha querer volver ao pobo.

?¿Cales serán os prezos?

?Serán tan só 4 euros por unha ración de troita rechea, cachelos, empanada, pan tradicional e auga ou viño.

?¿Cando comezaron a preparar este festexo?

?En exclusiva despois da homenaxe a Miro Casabella (a principios deste mes), pero xa levábamos tempo traballando nisto.

?¿Canta xente hai involucrada na organización?

?Preto dunha vintena de persoas entre organizadores e voluntarios que axudarán nas diferentes tarefas necesarias.

?¿A cantas persoas pensan que atraerá a cita?

?O ano pasado foron unhas trescentas. Se ben é certo que entón foi a mediodía e agora farémola á noite porque moitos nolo pediron. Esperamos un bum. Cremos que plantexamos un bo plan como previa ás moitas festas que hai na comarca esta fin de semana. ¡Que mellor que comer unhas troitas ben ricas e a bo prezo antes de ir de verbena toda a noite!

?¿Haberá algunha actividade complementaria?

?Haberá música ofrecida por unha persoa do Concello. O orzamento non dá para máis, de momento non podemos contratar un grupo ou orquestra. Ogallá poidamos facelo en vindeiras edicións. E ben deitamos da moita xente que axuda desinteresadamente. A organización quedou moi satisfeita co traballo do ano pasado e non queremos perde-la cabeza agora. Ademais, teremos colchonetas para os máis pequenos.

?¿Axudará a Asociación Amigos do Ouro?

?Estamos pendentes deles, que nos ofreceron a súa axuda pero teñen dificultades por diferentes compromisos dos seus membros. Queren facer unha exhibición de preparación de anzois, mais está por ver se é posible.

?¿E os bares?

?O ano pasado pedímoslles que fixesen unha ruta de tapeo de troita. Nesta edición, prefirimos deixalo á súa elección. Supoño que algúns se animarán a unirse á festa, pero a decisión é súa.