A Roda, prato forte hoxe na romaría de Sargadelos nun día do máis completo

cervo / la voz

A MARIÑA

O grupo A Roda actúa esta noite en Sargadelos.
O grupo A Roda actúa esta noite en Sargadelos. m. moralejo< / span>

Alfredo Dourado fala fala do concerto deste venres

25 jul 2014 . Actualizado a las 19:21 h.

A Asociación Fervenza de Sargadelos volve atopar o mellor plan para amenizar o Día de Galicia. A de hoxe, será unha xornada moi completa, pero o prato forte terá moito de enxebre coa actuación do grupo A Roda, ás 22.45 horas. Por desgraza, o mítico Fito xa non está, pero, como ben dí seu fillo Alfredo Dourado, «A Roda ha de seguir rodando» e, mentres o faga, A Mariña seguirá disfrutando. Onte conversamos con el.

-Din que toda a música, agás o rock&roll pasa de moda. Son vostedes a excepción que confirma a regla?

-Se cadra si. A nosa música é atemporal. Forma parte do noso patrimonio; está no noso imaxinario colectivo.

-Cal é o segredo para seguir ao pé do cañón catro décadas despois?

-Facemos cancións recoñecibles, que todo o mundo canta. Teñen unha esencia diferente; non deixan de ser cancións de taberna.

-Como trata o público mariñán a A Roda?

-Moi ben. Xa estivemos en Sargadelos e é unha gozada. A rapazada é realmente impresionante.

-Un plan inmellorable para o Día de Galicia

-Pois si. Que mellor que festexar o Día da Patria con música galega nunha parexe tan arraigada á nosa cultura? Ademais, estará con nós Emilio Rúa, un dos grandes artistas que deu a nosa terra e que xa colaborou no noso último disco.

-Como de preto estivo o grupo de desaparecer con Fito?

-Nunca pensamos nesa posibilidade. Non quixemos deixar isto. Contuinuar constitúe unha homenaxe a Fito; é o que el querería. El sempre dixo que A Roda continuara.