O socialismo de Foz, na UCI

A MARIÑA

08 sep 2014 . Actualizado a las 00:37 h.

Preséntase moi complicada a tarefa de reconstruír un partido que está na UCI. Un partido que se autodestrúe despois de ter tocado o ceo e de ser exemplo na Mariña e por Galicia adiante nos tempos da apisonadora do «fraguismo». Os socialistas xa non teñen representación na corporación de Foz e os case 2.000 votantes que lles deron a súa confianza nas últimas eleccións quedaron sen voz nos plenos, nas comisións... Decisión dura e complicada para moitos que renunciaron a continuar nas filas socialistas. Moitos aínda non queren ver que hoxendía os cargos políticos se reparten nos despachos e que todo ese «rollo» das bases é simplemente un paripé necesario para que alguén luza desde a cúspide.