Traxicomedia politiqueira

SUSO FERNÁNDEZ CRONISTA OFICIAL DE FOZ

A MARIÑA

28 sep 2014 . Actualizado a las 18:19 h.

Un vello amigo, bó coñecedor dese submundo, dí que os partidos políticos son caldo de cultivo dos episodios mais virulentos no desencontro entre as persoas, onde se escenifica o amor/desamor cos efectos mais sañudos. A rotura das parellas políticas, tan prodigadas, cando ambos albergan idénticos obxetivos, e só hai praza para un, pode ter un final tráxico, resultas da paixón amorosa, que os dous senten pola noiva pretendida, que tanto aman, e pola que están dispostos a todo, pero non renuncian a dormir con ela tódalas noites; divorcio ineludible No entorno mais próximo vivimos, no eido público, unha experiencia incrible que entronca co anterior suposto, e que leva a considerar os posibles paralelismos con episodios doutros amores, reais ou ficticios, dos que da boa conta a literatura universal. Porque, tamén traumáticos, pero mais románticos, foron os de Calixto e Melibea (coa colaboración da Celestina, tan presente na vida dos políticos); os Amantes de Teruel, o Tenorio e dona Inés; ou do rei Pedro de Portugal que tras a morte coronou raíña á galega Inés de Castro.. É frecuente que os amores apaixoados, os “amoríos”, rematen de forma traumática; non estamos pois ante un feito novidoso. Algo similar atópase no mundo da ficción, en Cyrano de Bergerac, por exemplo: él e Cristian, un soldado da súa compañía, amaban tamén á mesma muller, Roxana. Cristian, mais xove, guapo, pero sen talento, morreo guerreando. Cando Cyrano, poeta, feo e mais vello finou, Roxana decatouse de que era él quen escribía as cartas amorosas que aquél lle enviaba; quen compuña as poesías para ela, e quen, en realidade, a namoraba; e diuse conta que amaba, nun só, a dous homes, e así o expresou á morte do poeta, “Amei a un home e o perdo por segunda vez”. Non hai dúbida de que a vivencia cotiá que suxire o noso relato, nada ten que ver co amor bucólico, puro e desinteresado de Rosa e Martiño en “A Virxe do Cristal” de Curros. Cando Martiño, sen motivo, dubidou da fidelidade de Rosa, ésta ingresou, de por vida, nun convento. Os nosos actores, de tan nefasto proceder, pola contra, seguen a representar, sen rubor sequera, a vergoñenta traxicomedia. Todo un odioso exemplo para os aprendices de político.¡Unha mágoa...!