«Eu animaría á xente a pedir as tres racións para compartilas»

I.E.

A MARIÑA

CEDIDA

01 oct 2014 . Actualizado a las 13:50 h.

"Queremos que a xente vexa que a faba non só se fai en fabada ou en caldo". O di Jorge López, que considera que a faba é un dos produtos máis versátiles da cociña, capaz de suplementar a unha pataca.

-Se fora un visitante qué pediría

-Eu animaría á xente a pedir as tres racións e compartilas para que proben as tres, porque son completamente diferentes. As que van con callos é unha receta contundente (...). Eu persoalmente comeríaas con setas, porque a seta está arrancando, está no seu mellor momento do ano, ao igual que a faba, Creo que é un prato dos máis prometedores.

-¿Que tipo de setas vai meter?

-Vai levar boletus, dous tipos de cantarellus, níscalo e lingua de vaca. É unha receita que xa elaboramos na feira das setas das Pontes, que é unha feira con nome, e foi un reclamo. un espectáculo e un éxito. Por iso é un dos motivos que está aí.

-Cociñar na casa un produto da terra é un plus para mimalo

-Estar aí é porque falámolo e dixemos nosoutros sabemos, podemos, é a nosa terra e ¿Por que non? O Concello animounos a que fora un laurentino. Para nós é unha ventaxa promocionar o teu produto, pero é un reto, un orgullo, sería un pouco de todo.<