O Seminario Terra de Viveiro viaxou ata Lugo para desfrutar o San Froilán

ribadeo / la voz

LUGO CIUDAD

CEDIDA

23 oct 2014 . Actualizado a las 23:15 h.

O pasado domingo o Seminario de Estudos Terra de Viveiro levou a cabo unha excursión a Lugo coincidindo co San Froilán.

Os participantes aproveitaron o percorrido ata a cidade das murallas para realizar diversas paradas, unha delas na Pontenova para visitar Os Fornos e o santuario da Virxe de Conforto, coas explicacións de Carlos Nuevo, cronista oficial de Viveiro. Tamén pararon a ver a colexiata de Santa María de Meira. Posteriormente visitaron a cidade de Lugo, a muralla, e xantaron nunha das casetas para degustar o polbo e desfrutar do San Froilán. Regresaron á cidade do Landro a última hora da tarde.