Xa non sei si sentir rabia

MARÍA DO MAR CHAVES, NAI DUN ALUMNO DO IES VILAR PONTE

A MARIÑA

29 oct 2014 . Actualizado a las 12:49 h.

Ca non sei si sentir rabia, impotencia...ou lástima de vivir e criar ós meus fillos neste pais. Aínda que moit@s son da opinión de que que as nosas protestas non serven para nada, eu, alomenos ata o dia de hoxe, sempre pensei que o denominado «dereito ó pataleo» sempre o teriamos, pero parece que tamén nos queren privar deste dereito. Os dias que nos concentramos na Plaza Maior alumn@s, profesorado, pais, nais, o único aperello considerado ruidoso era un pequeno megáfono dos chinos.

Aquel famoso 10-O que entramos nas aulas do Vilar Ponte, a única escandalosa era unha servidora que portaba unha carraca artesanal realizada polo avó dun alumno.

Aquela fermosa tarde de sábado que pasamos tres horas ás portas da Comisaria de Viveiro agardardo que as directivas da ANPA denunciadas pola directora Tasende realizaran a sua declaración, estivemos moi tranquiliños e incluso modificamos a nosa ubicación cando os axentes nos indicaron que «estabamos poñendo en perigo a seguridade do edificio».

Participamos no que parte da veciñanza, ó vernos pola Ponte da Misericordia, pensou que era un enterro que se dirixía á igresa de San Francisco ou ó camposanto de Altamira, pero en realidade era unha manifestación convocada pola ANPA e apoiada por partidos políticos, sindicatos, federación de Apas e outros colectivos, que contaba cos pertinentes permisos. Nesta ocasión ó megáfono dos chinos e a carraca uneuse unha bocina, que aínda que era graciosa non soaba tan forte polo seu tamaño.

O dia seguinte, pais e nais acudimos ó pleno extraordinario celebrado co concello. Non negareí que causamos algó máis de alboroto e varias interrupcións, algunhas motivadas pola «brava intervención? do señor Bouza e a ausencia concelleira e xefa territorial de educación e outras aplaudindo as intervencións dos portavoces do resto dos grupos.

Ademáis de todo esto, un pequeno grupo de nais e pais estivemos concentrándonos diariamente nunha das entradas do instituto tras unha parcarta que tamén axudaba a tornar o frio. Poderiase pensar que o grupo non era máis numeroso porque moitos proxenitores non poden participar por motivos laborais, outros porque lles gusta dormir a madrugada, outros porque teñen outras cargas familiares, algúns porque non estarán de acordo coas protestas, outros por outras causas moi diversas... Pois non...o grupo non era máis numeroso porque o dia que declararon as directivas da ANPA foron informadas, pola propia policía, que de concentrarse o luns seguinte como estaba anunciado, o número de participantes non podería superar a vintena. Así pois segundo chegabamos cada mañá antes de colocarnos trala pantarta faciamos un reconto para asegurarnos de non sobrepasar a devandita cifra. E así transcurría a media hora, comentando as noticias da prensa, falando das irregularidades nas aulas no dia anterior, departindo sobre o facebook e o wapsap? pero moi tranquilas e mesmo sen artiluxios ruidosos. Que algún pai ou nai tiña que irse antes a traballar ou levar ós pequenos a escola? Pois, volta a contar e ? a unirse outros ós reunidos preto da porta, sen sobrepasar nunca @s 19. Os mesmos axentes da policia que acudiron a maior parte dos dias, algún incluso tomaron fotografías, e tamén traballadores de varios xornais que estiveron alí os primeiros dias, foron testemuñas de que se coidaba moito non superar esta cifra. Eu que pensaba que o número protagonista e máis importante en toda esta historia era o 43!!!

No noveno dia de concentración ás portas do Vilar Ponte, recibimos varias sorpresas. Primeiro as directivas da ANPA agasallaron @s alí presente cun chocolate con churros, entendo que para contribuir a soportar o frio da mañá e tamén podería ser para festexar que a sua imcomprensible denuncia foi arquivada; salvámonos que non se presentaron as forzas e corpos de seguridade do estado que aínda non habían de acusar de realizar ?botellón? nas proximidades dun centro de ensino. A segunda sorpresa chegou por correo dende a Subdelegación do Goberno. Logo de concentrarnos todolos dias laborais dende o 13 ata o 23 de outubro, tiveron coñecemento que celebráramos concentracións tres dias (14,17 e 20) e que éstas non foran comunicadas previamente. Entendo que foramos mal informadas, xa que para reunirnos, non menciona ningún número de asistentes, en lugares de tránsito público é preciso informar cunha antelación de entre dez e trinta dias. Para desvanecer este mal sabor de boca recibimos unha terceira e agradable sorpresa que non vou desvelar, máis aproveito para enviarlle o meu agradecemento o promotor anónimo e tamén á emisaria. Alomenos ata reunirnos para decidir novas actuacións, pero continuaremos esixindo o imprescindible profesor/a 43 si é necesario durante todo o curso. Os nosos fill@s teñen dereito a recibir unha educación digna e de calidade e as nais e pais a obriga de demandar que este dereito sexa unha realidade.