El ANPA del IES Vilar Ponte de Viveiro, a un responsable de Educación

ANPA IES VILAR PONTE, VIVEIRO

A MARIÑA

19 nov 2014 . Actualizado a las 14:40 h.

Señor José M. Pinal Rodríguez, despois de escoitar a súas declaracións no Parlamento de Galicia o día 14 de Novembro, a ANPA do Vilar Ponte quere facerlle chegar información de primeira man sobre a nosa problemática: O día 10 de outubro, cando interrompemos as clases como medida de protesta, non quitamos a ningún alumno das aulas, nin actuamos de maneira violenta en ningún momento. Os pais e nais deste instituto non pretendemos compararnos con outros centros educativos, nin queremos ter mais profesores dos que nos pertenzan. O que reclamamos é que os nosos fillos poidan seguir contando coa mesma calidade educativa que viñan tendo ata agora, nin mais nin menos, e para iso é imprescindible o profesor 43. Recordámoslle que do curso 2013-14 o 2014-15, aumentou a matrícula con respecto ao ano pasado e recortouse unha praza e media no profesorado do noso instituto, tendo que axustarse os horarios perdendo xa algunhas das melloras, que supuxeron moito traballo para chegar a elas no seu momento. Entendemos que estamos pasando por momentos complicados e temos que reorganizar os recursos, pero tamén pensamos que, de axustar a suprimir, debe haber un punto intermedio.

Cando nos entrevistamos cos inspectores e a Xefa Territorial de Educación de Lugo, a culpa de que non puidera funcionar o instituto era da antiga dirección que non quería arranxar o problema. Despois de nomeado o novo equipo directivo, a culpa era do claustro e dos pais que non lles deixabamos facer o seu traballo, pero o problema seguía sen solución, e, finalmente, resulta que a esa nova dirección foi nomeada ilegalmente. O culpable do problema é a Administración (según reconoce nun escrito), pero en cambio non fan nada por darnos unha solución. Debido á problemática creada no instituto, o clima de traballo non era o desexado para impartir docencia, e, co ánimo de solucionalo, unha profesora ofreceuse voluntaria para formar un novo equipo directivo e acadar a normalidade, pero isto non significa que o instituto este funcionando ben: As gardas de profesores teñen moitas carencias o que trae como consecuencia que se perderan as horas de biblioteca; temos que ter en conta unha cuestión que a Administración sempre olvida: Temos dous edificios separados por cen metros, o que supón que todas as gardas estean duplicadas e que necesitemos 4 profesores de garda, e nos recreos, 2 profesores de garda de biblioteca e 4 profesores de patio-. A estas carencias hai que añadir que temos profesores impartindo afines para as que non se senten preparados; os agrupamentos de lingua e matemáticas, que ata agora viñan impartindo os mesmos especialistas que o facían nos grupos de referencia, non se pode seguir facendo; en tecnoloxía perdéronse os desdobramentos, sendo imposible que os alumnos traballen nos talleres, e xuntaron en un, os dous grupos de 2º de BAC,

As nosas reclamacións non están relacionadas en ningún caso coa persoa que desempeña o cargo de Xefa Territorial de Educación de Lugo, pero tendo en conta que é unha muller de Viveiro, antiga alumna e profesora do instituto, representante dos cidadas no noso concello, tiñamos a esperanza de que puidera mostrar unha especial sensibilidade a hora de tentar arranxar as cousas, e non que o fixera «as bravas», creandose novos inconvenientes na solución do problema, como foi o caso. Os pais e nais do Vilar Ponte, seguiremos reclamando o profesor 43, que é moi necesario para o correcto funcionamento do centro, os nosos fillos teñen dereito a unha educación de calidade.