Cerna, dende Ribadeo

JORGE DÍAZ FREIJE

A MARIÑA

18 dic 2014 . Actualizado a las 17:17 h.

Calquera que observe ou esteña atento á actualidade política, tanto estatal coma galega, sabe que vivimos nun tempo de cambios súpetos e acelerados.Nós imos referirnos ao ámbito galego tendo en conta que os que asinamos esta nota tivemos recentemente unha certa participación política e un certo eco, pequeno desde logo, na nosa localidade.

Nas últimas eleccións Autonómicas entrou un novo grupo político no Parlamento Galego denominado Alternativa Galega de Esquerdas(AGE) que estaba conformado por Esquerda Unida (EU) e Anova Irmandade Nacionalista (Anova), esta coalición tamen estaba apoiada por Equo e por Ecosocialistas.

Imos facer referencia a Anova xa que en maio de 2013 constituiuse en Ribadeo a primeira asemblea local da Mariña lucense. Anova é unha pluralidade de certa envergadura ideolóxica que a fai un tanto especial. Salientaremos duas ideoloxías claras; unha que está a expensas do que Izquierda Unida en Madrid decida e outra na que o seu sentir e nacionalista, esta última desvinculouse totalmente de Anova despois de someterse a unha votación interna e como resultado dun si masivo a formarse coma o colectivoautónomo político chamado Cerna.

Parte dos que formábamos a asamblea de Anova de Ribadeo, vimos de sumar o noso apoio a Cerna, deixando de pertencer a Anova, xa que vai mais no noso sentir e na liña de traballo a seguir.

Dende o sentimento máis galeguista Cerna apoia as candidaturas cidadáns que aínda sen estar vencelladas a ningunha sigla política e si sentidas dende a maioría da cidadanía do noso país, Galiza.