O BNG manterá un encontro cos sectores socioeconómicos da Mariña

La Voz CERVO / LA VOZ

A MARIÑA

A finalidade é definir estratexias para o futuro desta comarca

18 dic 2014 . Actualizado a las 20:01 h.

O BNG da Mariña manterá un encontro este venres cos sectores socio económicos da comarca para estudar a situación e definir estratexias de futuro para esta costa luguesa. A máis dos responsables comarcais, con Ana Ermida á cabeza, asistirá tamén a deputada nacionalista Rosana Pérez. A cita é ás 19 horas no restaurante Sierra, na estrada de acceso a Alcoa. Están convidados os sectores forestal, pesqueiro, agrogandeiro, sindicatos, empresas, tamén Alcoa, a Federación do Comercio da Mariña, a asociación provincial de Hostalería, comité de Alcoa e das empresas auxiliares.