«A cociña tradicional é un valor seguro cando se traballa cátering»

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

Cada vez son máis os fogares que encargan, di, para as ceas de Nadal

18 dic 2014 . Actualizado a las 12:00 h.

O Nadal chega á rúa, aos comercios, aos colexios, ás empresas... e á mesa. Unha opción que cada vez gusta máis, ao parecer, é a de encargar as ceas de Noiteboa e Fin de Ano para disfrutar dunha tarde relaxada antes de que veñan os invitados. O restaurante O Muro en Viveiro, que leva Víctor Valenzuela, é dos que traballa e moi ben o mundo do cátering.

-¿Como vai a campaña de Nadal?

-Ben. Estamos agardando sempre por decembro como case un segundo agosto pero realmente a actividade se centra nesta seguinte quincena. A xente espera máis ata o final, incluso para o tema das compras, como me dixeron hai pouco nunha xoguetería en A Coruña onde novembro foi atípico poñendo a xente a disculpa de que os domingos de decembro abría o comercio. Eu por iso traio os domingos cupcakes, de Ledicias. Paréceme que pode ser bastante apropiado o tema de ir de compras e no medio ou ao final tomar un café. Así meto algo distinto ao típico e porque, penso, ningúen o ofrece así.

-Falando do Nadal, animan á xente a que pida presuposto para as ceas desta temporada.

-Si, damos presupostos e a posibilidade así de meter outros pratos que non son os habituais. Recoñezo que no meu caso non podo competir con locais que ofrecen cena-baile, barra libre, etcétera. Dentro do presuposto si que a xente me pide, por exemplo, copa en lugar de postre «porque xa comimos bastante», din, e o tema da sobremesa gusta bastante, a cea alárgase pois hai pandillas que so se xuntan unha vez ao ano, e hai quen conta con acabar a noite comendo o bocadillo no Bossa ou no Castilla.

-Falemos das encargas...

-Este ano van moi ben. Teño xa para Noiteboa, Nadal, Fin de Ano... Cada vez vaise máis ao cómodo. Teño escoitado a nais queixarse de pasar todo o día cociñando en Noiteboa. Se me pides ?ás dez da noite tesme ameixas, langostinos, carne asada...? iso xa non pasa.

-¿Que tipo de comida se soe pedir neses casos?

-Os pratos normalmente son bastante tradicionais: langostinos, ameixas, cordeiro asado, bacallau... A xente ten que pensar que vai pasar tempo ata que se coma, non van pedir entrecot á grella. Se buscan pratos que se adapten, por exemplo con salsa ou aos que dándolles un toque de lume non perdan calidade nin sabor. Ademáis, teñen que ser pratos que poidan gustar a todos.

-As receitas innovadoras, ¿caben nese tipo de peticións?

-Penso que a cociña de innovación ou nova cociña vai reñida co cátering, non se adapta tanto. Sen embargo, a cociña tradicional é un valor seguro en cátering. Si que hai xente que me está pedindo rabo de touro porque o veu comer nas últimas xornadas e o quere para o día de Nadal. Ese prato si que é ideal e é un prato que se adapta ben ao cátering. Falando das encargas, aquí en O Muro non traballamos só para as casas, senón que hai tamén traballadores a turnos que nos encargan ceas e comidas.

ENTRE FOGONES VÍCTOR VALENZUELA, DONO E COCIÑEIRO EN O MURO (VIVEIRO)

Croqueta caseira de xamón ibérico e pastel de cabracho.

Ameixas en salsa ou langostinos á grella.

Rabo de touro no seu prebe ou cordeiro asado ou bacallau con coliflor.

Entre 20 e 30 euros.