O BNG burelense pide a dimisión da edila de Educación, Mónica Pedre, pola Escola de Música

BURELA / LA VOZ

A MARIÑA

24 ene 2015 . Actualizado a las 11:00 h.

O BNG de Burela pide a dimisión da concelleira de Educación, Mónica Pedre, polo conflito na Escola de Música. Unha resolución xudicial obriga ao concello a readmitir a dous profesores de dita Escola de Música nas mesmas condicións laborais.

«O xuíz entende que se tomaron represalias contra eses dous mestres e que os informes emitidos contra deles pola concelleira e polo director da Escola foron irregulares -explica Mario Pillado, do BNG-; solicitamos explicacións á concelleira no pleno sobre este asunto e tivemos a calada por resposta; asumiu a responsabilidade o alcalde, díxosenos que acataba a sentenza, sen valorala e que a señora Pedre non iba dimitir. É inaudito que a concelleira afectada non tomara a palabra en ningún momento para defenderse».

«Cremos que isto é boa proba da forma de gobernar e facer política do señor Barcia, totalmente personalista e sen confiar para nada no seu equipo», criticaba o concelleiro Mario Pillado, do BNG.

No pleno celebrado o pasado xoves o PP aprobou o plan económico e financieiro do pasado exercicio coas críticas dos grupos de oposición, BNG e PSOE.

O goberno local presentou unha moción de urxencia para un recoñecemento extraxudicial de crédito preciso para pagar diversas facturas.No pleno o BNG defendeu a creación da Tarifa Eléctrica Galega.