«Autos locos» ten a súa propia edición en Burela

LAURA R. CUBA / s. c. BURELA / LA VOZ

A MARIÑA

A todo trapo baixando dende Eijo Garay ata a praza.
A todo trapo baixando dende Eijo Garay ata a praza. fotos l. ramos< / span>

Máis de dez vehículos participaron na baixada, desde un Fórmula 1 de Ferrari ata a furgona do Equipo A

01 ago 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Ás seis da tarde máis dunha decena de flamantes carrilanas amoreábanse ao inicio do percorrido, na rúa Eijo Garay, en Burela. Nenos e maiores, todos se convertían en improvisados técnicos de boxes por un día. Os participantes examinaban municiosamente que os bólidos estivesen a punto para o gran descenso. A estrela da edición parecía ser a copia dun Fórmula 1 de Ferrari ata que chegou un xusto competidor á parrilla de saída.

«Esa non é unha carrilana, é un coche de rally!», exclamaba un neno participante ao ver o moderno vehículo de cor escura que ascendía pola costa. Tratábase nada máis e nada menos que dunha réplica da famosa camioneta do Equipo A. Para gañarse unha mellor puntuación do xurado, que premiaba sobre todo a orixinalidade, ambos pilotos ían caracterizados e a melodía da serie saía a todo trapo desde un discreto reproductor acoplado ao vehículo.

Chegaron ás sete da tarde e o pistoletazo de saída soou. Na Praza do Concello, o megáfono animou aos espectadores a vitorear a todos e cada un dos participantes, que deleitaron ao público con cabriolas, música e moita moita velocidade. A tarde clarexou e foi un éxito.

POR BURELA ABAIXO DESCENSO DE CARRILANAS