«A Festa do Percebe é un evento pensado desde Rinlo e para Rinlo»

LAURA R. CUBA / y. g. RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

O alcalde de Ribadeo fala da degustación duns 700 quilos, hoxe, ao mediodía

01 ago 2015 . Actualizado a las 12:18 h.

O Concello de Ribadeo organiza a Festa do Percebe da man da agrupación de percebeiras da Confraría de Pescadores ribadense. Este ano celebrarán á décimo segunda edición no recinto festivo, baixo carpa, para que todos podan degustar o afamado marisco sen estar pendentes do ceo, aínda que as previsións meteorolóxicas para hoxe son de sol.

-Como xurdiu a idea de facer unha exaltación do percebe?

-Rinlo é un lugar moi pequeno e turístico, cun pasado vencellado ao mar. Nestes últimos anos destacou o seu produto de máis valor, que é o percebe. Así que esta é unha festa pensada desde Rinlo e para Rinlo.

-A acollida do público foi boa todos estes anos?

-Todos os anos as existencias foron vendéndose todas. É moi importante resaltar que os 700 quilos que venderemos provén todo do noso litoral. As percebeiras recolléronos e seleccionáronos nestes últimos días de marea.

-Cal é o papel do Concello?

-Realizamos unha labor de organización e intendencia. Regulamos o tráfico, sinalizamos correctamente,... e toda a loxística que hai arredor dun evento deste tipo, que intentamos facer atractivo para todos.

FERNANDO SUÁREZ BARCIA ALCALDE Do concello de RIBADEO