«Con ou sen alcohol, un cóctel pode acariciar corpo e alma»

S.S. VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

Domingo González, no espazo de El Temple onde prepara cócteles «especiais para cada cliente».
Domingo González, no espazo de El Temple onde prepara cócteles «especiais para cada cliente». p. losada< / span>

Multipremiado e dos primeiros barman profesional titulados polo Instituto Galego do Viño, prepara «algo especial para ti»

01 sep 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

«Desfruto cando preparo cada un, con tempo, mimo, en exclusiva, especial para tí». Colgan varios diplomas na parede da barra onde o barman Domingo González ten o espazo para elaborar a súa especialidade, o cóctel. No seu El Temple, veciño da praia de Covas, en Viveiro, cóctel «é algo distinto a todo, xenuíno, diferente, `comuñón´ entre cliente e bar». A primeiros do 1800, cóctel definíase como «estimulante, composto de licores de todo tipo, azucre, auga, bitter, unha poción excelente que fai o corazón valente e audaz ao tempo que emborracha a cabeza». No 2015, cóctel hai con ou sen alcohol, coa virtude inicial de «poder reconstituir, acariciar corpo e alma».

-¿De veras é para tanto?

-¿Un cóctel xenuíno? Con licores premium, froitas, herbas, zumes... ¡Claro que pode reconstituir, acariciar corpo e alma...! Comprobei canto valor se lle dá ao cóctel en viaxes e na miña aprendizaxe por distintas cidades europeas. Naceu así a inquedanza, o negocio fixo a necesidade e levounos a ser o pioneiros.

-¿Parece estar de moda o cóctel? ¿tan doado é prepáralo?

-Con un cóctel propio, baseado no libro Memorias de África, quedei subcampión de coctelería en Madrid e terceiro en Barcelona, no Putting Pen to Shaker, certame recoñecido que en galego se chamaría Ponlle a Pluma á túa Cocteleira. Diferentes cursos acredítanme como especialista en ginebras, rons caribeños, coctelería evolutiva... Son dos primeiros 22 titulados polo Instituto Galego de Viño como barman profesional, que prevé impartir a Universidade de Barcelona.

-Aprender a combinar bebidas e sabores. Suxíranos algúns dos que elabora no seu El Temple.

-Orixinariamente o cóctel levaba alcohol, pero hai exquisiteces sen alcohol. Por exemplo, por 3,50 euros pode disfrutar do Mojito 00, lima natural, azucre, herbaboa e soda; e con 5 euros temos o Kiwi Soda, con kiwi, lima exprimida, néctar de agabe e soda.

Con alcohol, Daiquiry Frozen, por 5 euros, cun ron excepcional, zume de limón, sirope de azucre e moito xeo; e, por 6,50 euros, pode degustar un Negroni, cunha ginebra tamén magnífica, vermú amargo, vermú escuro e xeo.

-¿E iso dos vermús especiais?

-Adiantámonos, outra vez, a unha tendencia das cidades. Como co cóctel, para os vermús optamos por marcas coñecidas e polas novas, as que están saíndo da nosa terra, premium e galegas.

domingo gonzález, barman en el temple, en viveiro