«Axóuxeres», música e xogos para os peques o domingo en Foz e en Viveiro

La Voz

A MARIÑA

07 oct 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A Sala Bahía de Foz acollerá este domingo ás 12 un encontro co programa Axóuxeres, unha festa da música, os xogos e a palabra para os máis pequenos, de 0 a 6 anos. A entrada é de balde pero as prazas son limitadas ata completar aforo (inscribirse no 697-363089 de 10 a 13 horas).

E este mesmo programa, Axóuxeres, coa compañía Elefante Elegante, trasladarase o mesmo domingo, 11, pola tarde ao teatro Pastor Díaz, en Viveiro. Ás 18 horas. Lembran que as prazas tamén son limitadas, ata completar aforo, e pódese reservar butaca no mesmo número de móbil sinalado anteriormente. A actuación forma parte das actividades da Rede de Dinamización Lingüística.

agenda de ocio y cultura