Concentracións  na Mariña

M.A. SANDE AO FÍO

A MARIÑA

07 oct 2015 . Actualizado a las 16:41 h.

Hoxe están convocadas varias concentracións na Mariña en memoria das mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou ex-parellas xa nalgúns casos.

A asociación Mulleres en Igualdade de Burela concentrarase este mediodía ás 12 diante do concello. A mesma asociación concentrarase en Cervo unha hora máis tarde na Praza dos Campos en San Cibrao. E de seguro que haberá máis paros e concentracións diante dos concellos por toda A Mariña.

Pero quería subliñar algo máis nestas poucas liñas: nesta Redacción tennos chamado a atención a cantidade de casos e causas xudiciais das que informan a diario nos Xulgados por maltrato e ameazas na Mariña. Sucede aquí entre nós. Témolo comentado moitas veces. E sucédense tan a diario que xa cáseque non son noticia se só quedan niso, en ameazas. Algo non funciona ben. Nos fogares. No ensino. Nos medios de comunicación, tamén, si. Na sociedade, dendelogo. É cousa de tod@s, e non se ve que vaia a mellor, tampouco entre os máis novos.