«Hai moito descoñecemento do crime do Pinguelo»

A MARIÑA

Arturo Mogo, na subdelegación de La Voz de Galicia en Ribadeo.
Arturo Mogo, na subdelegación de La Voz de Galicia en Ribadeo. j.a.< / span>

Este sábado abrirá en Ferreira un interesante ciclo de charlas sobre a guerrilla no concello e axustizamentos duns e outros

07 oct 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O polifacético Arturo Mogo, valadourense afincado en Ribadeo, abrirá o sábado o ciclo de conferencias organizado polo Concello do Valadouro sobre a guerrilla na posguerra na zona. Será ás 19.00 horas, no Centro Cultural Manuel Lourenzo, en Ferreira, con unha charla na que exporá as súas investigacións sobre o crime do Pinguelo, un episodio tan popular como en grande medida descoñecido na comarca no que ocorreu.

-Un día tomando un café cos dramaturgos Manuel Lourenzo e Xesús Pisón, e con Xan Casabella, saíron a relucir uns axustizamentos que houbo na posguerra na zona do Valadouro, e chegamos á conclusión de que non se sabía nada deles. Púxenme a elo e saíu este traballo, no que clarifico especialmente dous axustizamentos que se cometeron contra falanxistas e nos cales interviron os maquis do monte.

-Como se documentou?

-Co testemuño paixoal e angustioso dun veciño que estaba presente no bar de Santo Acisclo cando entraron catro guerrilleiros a matar ao falanxista taberneiro, no que é coñecido como o crime do Pinguelo, e con documentación xudicial sobre esas mortes que está depositada no Arquivo Militar de Ferrol

-Vai aportar información, en gran medida, descoñecida?

-Hai moito descoñecemento do crime do Pinguelo. Eu vou falar de detalles puntuais que envolveron os axustizamentos que son descoñecidos pola xente, e nomearei o desenvolvemento procesual que contemplou os devanditos crimes.

arturo mogo investigador sobre a posguerra no valadouro