«¿Qué é mellor, que o peixe sirva de alimento no mar ou facer fariña?»

Armadores e mariñeiros creen «non aplicable» eliminar os descartes xa


A mes e medio de que Unión Europea obrigue a traer para terra toda pesca, a prohibición dos descartes trae de cabeza aos profesionais. Polo que contan, tamén á Administración, onde seguen sen responder ás múltiples preguntas e dúbidas do sector. No Café de Redacción de La Voz, José Juan Lestegás, Javier Sánchez, Domingo Rey e Basilio Otero opinan sobre esa norma.

«¿Hai estudos das consecuencias de non deixar tirar o peixe ao mar? Con el comen outros peixes, os mariscos, aliméntase a fauna mariña...», razoa Basilio Otero. «Os descartes non son para consumo humano, son para fariña, ¿quen necesita fariña? ¿Qué é mellor, facer fariña ou que sirva de alimento no mar o peixe non permitido, e que non se pode evitar que entre nos aparellos?», pregunta Javier Sánchez.

«Queren ter o mar cheo de peixes, ¿pero de qué imos a vivir a xente da costa se nos botan do mar? Parece que queren montar empresas de acuicultura e que queden vinte barcos para traer peixe e, cos descartes, facer fariña», continúa Javier Sánchez. Domingo Rey engade: «E esa fariña vai para darlle de comer á acuicultura: queren pescadores para alimentar ás plantas de acuicultura». «A norma que prohíbe os descartes non é aplicable. Sabemos capear o temporal no mar, pero cando chegamos a terra... ¿qué imos facer cos descartes? ¿O mesmo que coas augas residuais ou co aceite usado?», manifesta Basilio Otero.

Aplicar un regulamento sen ter ferramentas pode conducir ao que explica Basilio Otero: «O cerco xa ten prohibidos os descartes dende xaneiro, pero a propia Administración buscou subterfuxios para burlar leis que son imposibles de cumprir».

«Todos imos a ter moitos problemas cos descartes, e nin a Administración sabe cómo facelo. É un problema moi gordo e está por vir», destaca Domingo Rey. Na mesma liña se pronuncia José Juan Lestegás, quen enlaza a prohibición de tirar o peixe ao mar coa falta cotas: «Hai un cerqueiro que este ano traballou 74 días, ¿de qué vives indo ó mar só ese tempo en once meses? Se non hai cota, hai quen se ve na obriga de mentir». Niso incide Javier Sánchez: «Se non nos deixan pescar, para vivir hai quen fai o que non se pode: non apuntar ou apuntar outras especies».

«Queren ter o mar cheo de peixes, ¿pero de qué imos a vivir a xente da costa se nos botan do mar?»

Javier Sánchez, San Cibrao.

«Todos imos a ter moitos problemas polos descartes, e nin na Administración saben cómo facer»

Domingo Rey, Celeiro.

«Sabemos capear o temporal no mar, pero cando chegamos a terra... ¿e qué imos facer cos descartes?»

Basilio Otero, Burela.

«Se non hai cotas, hai quen se ve na obriga de mentir para vivir, ¿por qué se hai peixe faltan cotas?»

José Juan Lestegás, Foz.

Votación
1 votos
Etiquetas
Unión Europea A Mariña Celeiro Burela Foz
Comentarios