Sete mariñáns nas listas de Nós-Candidatura Galega

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

Olalla Rodil, onte con parte dos candidatos mariñáns na lista de Nós-Candidatura Galega.
Olalla Rodil, onte con parte dos candidatos mariñáns na lista de Nós-Candidatura Galega.

«A defensa de vivir e traballar na Mariña, e a defensa da comarca e da súa capacidade», obxectivos prioritarios

29 nov 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Sete mariñáns figuran nas listas que Nós-Candidatura Galega presenta ao Congreso e ao Senado nas eleccións do próximo día 20. Onte celebraron unha xuntanza en Muras, xunto coa cabeza de lista ao Congreso, Olalla Rodil. Xunto a ela, completan a lista ao Congreso a barreirense Montse Porteiro, no terceiro posto, e Xosé Paleo, de Foz, no número catro. Nas suplencias figuran a profesora ribadense Teresa González, a autónoma de Burela Dorotea González, o médico Iago Villamil, e o xove ribadense Martín Graña. A representación mariñá complétase con Orlando González, ex alcalde de Mondoñedo, na lista ao Senado.

A defensa inequívoca dos intereses dos galegos, dar voz aos diferentes sectores e a defensa de vivir e traballar na Mariña serán obxectivos principais: «A nosa función -dixeron-, será trasladar a defensa da comarca e da súa capacidade aló onde corresponda, non deixando que os problemas das nosas veciñas e veciños queden esquecidos e só se lembren desta comarca en períodos electorais», sinalaron. Entre as propostas específicas figuran unha tarifa eléctrica propia que asegure a competitividade das empresas da Mariña e propicie a xeración de emprego..