Casinos, murgas e comparsas

CARLOS NUEVO, CRONISTA OFICIAL DE VIVEIRO

A MARIÑA

04 feb 2016 . Actualizado a las 20:14 h.

O Antroido de Viveiro é singular cunha tradición da que xa hai mencións nos séculos XVIII e XIX, a pesar de que houbo moitos reises que o prohibiron na rúa. Sobre todo perviveu nas aldeas. Nas vilas como Viveiro tiveron moito que ver os casinos da época. En Viveiro sempre houbo unha tradición grande de comparsas musicais que levaban os nomes de moda da época, «arlequínes», «clows», «pierrots», sempre seguindo as modas de cidades como París, Niza, Cádiz, Madrid, e incluso Venecia. Hai coplas amorosas de Antón Vilar Ponte, de García Dóriga, e do grupo dos Armantes, moi destacado desde finais do XIX porque montaban todo tipo de eventos. Nos anos vinte colle moita forza. Na República aumentan as comparsas e nacen as murgas, grupos de mariñeiros ou obreiros que se reunían nas tabernas. Eran moi satíricas. Destacan as de Caxete, O cego da Povela. E outras máis elegantes, de Leal Insua, Noriega Varela, e musicadas polos directores das bandas como Latorre, Cambeses ou o mestre Amor. Coa Guerra Civil esmolece o antroido, que resurxe no 1961 coa famosa voda do Antroido.