Faroliño carnavaleiro

SUSO FERNÁNDEZ, CRONISTA OFICIAL DE FOZ OPINIÓN

A MARIÑA

08 feb 2016 . Actualizado a las 17:20 h.

Aevolución do carnaval, fai do de Foz acaso o máis brillante da Mariña. As vellas roupas, anacrónicas e grotescas, esquecidas no fondo dos armarios, (os antroidos de ille témpore), son sustituídas por grupos e carrozas nos que a fantasía e o luxo rivalidan en mostra que motiva novos pasmos. Comparsas, murgas e charangas, ataviadas con singulares e lucidas vestimentas, lanzan ó ar os sons que envolven lúdicas e críticas estrofas que con rexouba celebran as xentes do bacanal, presidido pola beleza e a simpatía da Raíña e as Donas de Honra, arquetipos da fermosura.

Cando nos «anos escuros» se vetaba o entroido na rúa, celebraban con esplendor nos locais de lecer. Na memoria de varias xeracións perduran os salóns Rosalía de Castro, La Sociedad, A Peña e o Bahía. Este, a principios dos 50 implantara o Faroliño, baile-concurso de beleza plástica que, con utópica ilusión emulaba a elegancia e o glamour dos salóns aristocráticos europeos de entre séculos , inmersa a sociedade no espíritu romántico da época?

A parella dispón dun farol veneciano, multicor, pendurado dunha variña, suxeita por un extremo pola parella que a mantén en vertical/inclinada, e do outro o farol, cuxa luz debe sobrepasar as cabezas dos bailaríns; con esta iluminación iníciase o baile ó compás do Vals das Velas, de Strauss, que é o apropiado, creándose á par un clima de máxica fantasía coa media luz e o corido, e as nostálxicas música e letra que alguen cantará: «Igual que en viejos tiempos/, con solemne ritual,/ se apaga una a una/ de las velas el brillar./ No importa si el destino cruel/ nos ha de separar,/ por siempre nos querremos, fiel/ de estas horas recordar?». As luces multicores dos faroisvibran ó son da música e os ritmos dos bailaríns que ocrean un gozo de espectáculo visual e auditivo. Segundo as velas se apagan, as parellas abandonan o centro da pista e a última é a gañadora. O Baile do Faroliño, ó que acudían parellas forasteiras, deu nome e prestixo ós nosos carnavales.

Dende hai 65 anos se celebra este baile que é, sen dúbida, o número histórico do Entroido de Foz e tamén o mais glamuroso: as modas e modos evolucionan, non sempre para mellor?