Burela recibe este xoves a 1.600 estudantes da Mariña no Correlingua

La Voz

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Deportes, música e poesía compoñen o programa

04 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Mañán xoves, día 5 de maio, Burela acollerá o Correlingua da Mariña 2016 no que participarán arredor de 1.600 estudantes. O alcalde, Alfredo Llano, subliñou que «imos ter aquí a 1.600 estudantes da nosa comarca. Para nosoutros é unha honra contar con tanto alumnado e tamén co profesorado e coa xente da organización que os acompaña».

Alfredo Llano tamén indicou que «haberá actividades pola mañá, varias van ser deportivas, van facer unhas carreiras desde A Marosa ata a praza da Mariña en diferentes categorías. Despois tamén vai haber unha serie de actividades na praza da Mariña como son actuacións musicais e recital de poesía».

O Concello de Burela colabora nesta edición no Correlingua, que organiza CIG Ensino, a AS-PG e a Mesa pola Normalización Lingüística e as Deputacións de Lugo, A Coruña e Pontevedra. Actuarán Zénzar e Paco Nogueiras.