Luís Cifuentes Alcázar. Luís

PROFESORADO E COMUNIDADE EDUCATIVA DO IES DE FOZ

A MARIÑA

04 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Don Luís; así lle chamaban os nenos e non tan nenos no colexio. El escoitábaos a todos, atendíaos, dáballes consellos, intentaba ensinarlles… tamén se tiña que reprendelos, reprendíaos... intentando que aprendesen desa reprimenda e sempre, sempre, con moitísimo cariño. «Lo importante son los niños», decía ese conquense de nacemento e focense de corazón. O poema de Gabriel Celaya, que tanto lle gostaba, reflexa moi ben o seu pensamento: «Educar es lo mismo/que poner motor a una barca.../hay que medir, pesar, equilibrar/...y poner todo en marcha...».

Coma compañeiro e amigo era esa persoa á que consultábamos cando necesitábamos consello, axuda ou simplemente unha boa dose de sentido común, coa que confrontábamos ideas e que nunca tivo medo de cuestionar o que dicíamos e incluso de decir que era incorrecto. Sobre todo escoitaba, escoitaba e despois dábache o consello e a súa opinión que acostumaba a ser moi atinada.

Por iso, e por moitas cousas máis, dámoslle as grazas e levarémolo sempre no noso corazón. Cando saia este recordatorio o seu querido Atleti xa terá xogadas as semifinais da Champións... Sabemos que dende o Ceo estivo animándoo e cantando con todas as súas forzas: «Qué manera de aguantar/qué manera de crecer/qué manera de sentir/qué manera de soñar/qué manera de aprender…». Como di a túa Mati: «Luís sempre lle atopaba o lado positivo a todo». Queremos que nos axudes a levar á práctica eso que tu facías tan ben. Grazas Luis.

Asinado: Profesorado e comunidade educativa Colexio Martínez Otero. Foz.