Viveiro estrea web de turismo

La Voz

A MARIÑA

"A xeoreferenciación dos valores, recursos turísticos, rutas, aloxamentos e servizos fan de Viveiro un destino intelixente", di a alcaldesa, María Loureiro

23 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

ende o Concello de Viveiro seguimos apostando polo turismo en xeral e pola promoción turística de Viveiro en particular. Seguindo co traballo de promoción turística de Viveiro, onde se fixo un vídeo, un novo folleto, distintas xestións para posicionar o destino de Viveiro ou a marca turística «Vive Viveiro», damos un paso máis e poñemos a funcionar unha nova web oficial de turismo de Viveiro.

A nova web dá información clara e concisa dos distintos valores turísticos de Viveiro, con tecnoloxía actualizada, dunha maneira visual e xeoreferenciada. A nova web é unha web “responsive” (os contidos adáptanse para ser vistos e aproveitados dende calquera dispositivo de entrada, xa sexa PC, tablet ou móbil).

Con esta nova web damos un gran salto cualitativo na promoción de Viveiro no seu conxunto e poñemos en mans do sector, dos visitantes e turistas unha ferramenta de xeoposicionamento dos valores turísticos de Viveiro e incluso do entorno. A web aproveita a tecnoloxía máis usada en internet, a de Google, que permite posicionar por GPS os distintos valores ou recursos turísticos, permitindo aos usuarios da web descargar os recursos nos seus dispositivos podendo calcular a súa distancia e a ruta para poder chegar a eles sen erro ningún.

A xeoreferenciación dos valores, recursos turísticos, rutas, aloxamentos e servizos fan de Viveiro un destino intelixente.

Previamente puxémonos en contacto co sector para que nos facilitaran as imaxes coas que queren aparecer e os seus datos de contacto, ao igual que a súa autorización para podelos promocionar na web, estando á espera de recibir a informacion dalgún establecemento. A web está dispoñible, dende hoxe, en www.viveiroturismo.com e en www.viveviveiro.com, podendo acceder a ela, tamén, dende a web municipal.

O traballo de contido na súa totalidade e estruturación foi realizado pola consultoría turística ACTURIMO.

* María Loureiro: alcaldesa de Viveiro.