Investigacións arqueolóxicas confirman un «henge» en Xove

La Voz XOVE / LA VOZ

A MARIÑA

MariñaPatrimonio di que é similar á Roda de Barreiros

12 mar 2017 . Actualizado a las 22:57 h.

A asociación Mariña Patrimonio anunciou onte que estudos arqueolóxicos confirman a existencia dun «henge», semellante ao de Barreiros, en Xove.

«A falta de datos oficiais, os traballos arqueolóxicos realizados recentemente na estrutura circular de Lavandeira do concello de Xove confirmaron que se trata dun xacemento arqueolóxico tipo henge, similar á Roda de Barreiros», sinalaban onte.

«En agosto de 2015 Mariña Patrimonio solicitara a inclusión deste recinto circular de Xove no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos; tras cuxa solicitude o Servizo de Patrimonio redactou unha “ficha normativizada do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da DXPC”, ficha que non ten ningún valor e que non protexe en absoluto os xacementos. Desgrazadamente, o 50% da estrutura circular xa fora agredida e modificada con motivo da construción dun tramo do Corredor entre San Cibrao e Celeiro. Cando se realizou o estudo arqueolóxico para a realización desta infraestrutura, lamentablemente non se detectou a existencia do citado xacemento, para paliar o erro, a construtora comprometeuse con Patrimonio a realizar unhas catas; de verificarse o xacemento, retiraría o talude».