«Agora lévanse moito as vodas ao aire libre, nós facémolas distintas»

Yolanda García Ramos
yolanda garcía VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

xaime f. ramallal

Fala tamén das novas tendencias que hai en vodas, coas temáticas en pleno auxe

24 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Contigo en tu día (www.contigoentudia.com) céntrase no wedding planner (ou organización de vodas), cerimonias en xeneral e eventos, explica a xovense Yasmina López Hermida, con oficina aberta en Viveiro: «Sempre me gustou isto -sinala-. Estudei Artes e funme por Audiovisuais, fixen Deseño Gráfico e un postgrao especialista en Protocolo, Comunicación e Imaxe Corporativa que xa me abriu as portas, en Madrid empecei a traballar en wedding planner e fixen curso de deseño de interiores e de florista. Quixen formarme moito para poder ofrecer o mellor servizo e a experiencia aos clientes. Imos a feiras ver as últimas tendencias e en setembro iremos á de Londres. Agora estamos co vídeo mapping de tartas de vodas». «Nos detalles está a diferenza», enfatiza. É tamén o wedding planner oficial do hotel Val do Naseiro en Viveiro.

-As vodas xa non son o que eran.

-Nós facemos o evento personalizado. Incluso en dúas vodas coa mesma temática nós non as imos facer iguais. Entendemos que cada persoa é distinta e o ideal é transmitir a personalidade dos anfitrións. Organizamos vodas, comuñóns, bautizos, cumpreanos (incluso nas casas), comidas de empresa... Agora temos o de Vía Flaminia, os coches antigos que veñen de Reino Unido e pasarán por Viveiro. Nós imos decorar a mesa. E adaptámonos a todo tipo de presupostos.

-Hai vantaxe económica á hora de contratar un servizo así?

-Nós miramos dentro dos profesionais quenes se axustan máis ao estilo que queres e quenes son profesionais realmente e non van fallar, sacamos prezos en perruquerías, traxes, floristerías... Todo sae máis rendible. Tamén aplicamos as novas media, temos aplicacións móbiles para as vodas que son privadas para ir compartindo fotos por exemplo, animadores (como un actor que se pareza a Antonio Banderas e se meta nunha boda)... Dentro do mesmo presuposto, un evento pódese facer moi especial.

-O día D estará tamén nerviosa.

-Non se me nota! Nese día tamén nos encargamos de todo.

-Cales son as tendencias, sobre todo falando de vodas?

-Facer unha media é difícil pero moitos queren vodas ao aire libre. E collen fotos das que se fan en América e dinme: ‘Mira, me gusta esto’. Pero estamos a falar de países que nos levan vinte anos de vantaxe en vodas e eventos porque os wedding planners ou os organizadores de eventos xa existían alá nos anos 80. Por Madrid ou Barcelona empezaron hai oito anos. Aquí na Mariña está xurdindo aínda e non hai competencia realmente. Estamos levantando isto para competir tamén cos demais e que incluso un turista veña e teña opcións para facer un evento ou voda aquí.

-Piden algunha temática?

-En agosto temos unha ibicenca no Val do Naseiro, dunha parella que celebra os 25 anos de casados. Será totalmente distinta, preciosa. Tamén teño moita voda boho-chic ou rústico-chic. Por aquí temos moitas cousas que non valoramos, os campos que non hai en ningún lado, uns paraxes incribles, os hoteis, a comida como a carne galega e o marisco, etcétera... Nós adaptámonos á estética que se pide pero coa nosa gastronomía, é espectacular.

-A voda máis rara que ten feito.

-Unha adaptada á película Alicia en el País de las Maravillas.