«Juana», de A Mariña para el mundo

S.C, D.G. RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

Exitazo en su estreno de la original performance sobre Juana de Ibarbourou

13 jun 2017 . Actualizado a las 21:45 h.

A Mariña ya puede exportar un espectáculo propio, «Juana», una original performance basada en la vida y obra de Juana de Ibarbourou, célebre poeta uruguaya con raíces en Lourenzá. El estreno (o estrenos) en Lourenzá y Ribadeo este fin de semana fue un éxito. Se trata de una apuesta poética y musical y de danza de Marina Oural, quien creó y dirigió el espectáculo, en el que ella misma actúa. La idea es ahora representarla en el exterior.

«A elección de poemas, haikus, cancións ou fragmentos de poemas vai collendo forma desde a voz da propia Juana de Ibarbourou en audio. Marca así a escritora americana a saída morriñenta por Galicia, e son os poemas dedicados a esta terra os que aportan o principio ou sentido do desenvolvemento desta obra. Distribuídos por escenas, os poemas de Juana de Ibarbourou van entretecéndose cos de Marina Oural nun espectáculo orixinal», explica Farruco Graña, concejal de Cultura en Ribadeo.

Las emociones son el hilo conductor. Lo señala Graña: «A música de Juana, composta e improvisada, aliméntase de tradicións múltiples: o folklore galego, a música popular latinoamericana, os ritmos africanos que empapan todo o que nos fai bailar, o free jazz, a improvisación libre. O discurso musical desta obra funciona dentro dun contexto escénico, poético-sonoro, que ten a escoita e a improvisación como base para a interacción cos poemas de Juana de Ibarbourou e Marina Oural, así como coa danza e o movemento de Irene Álvarez Coto. Hai batería, contrabaixo, saxo soprano e percusión miúda: un kechapi (instrumento de corda de Indonesia), unha ocarina, campaniñas, dúas kalimbas e un tubo harmónico. A danza e o movemento en Juana execútanse baixo a dirección escénica de Mónica Cofiño Arena. Pola súa banda a textura visual de Juana constrúese en forma de danza, desde a improvisación a través do sentir no corpo a melodía, sonoridade e contido do texto, música e voz».