«Entendo ós inversores, entre os que me atopo; e unha situación de impotencia»

Inmaculada Eiroá González
inma eiroá XOVE / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

O rexedor ofrece a Omic para dar asesoramento ós aforradores sobre cómo poden facer para reclamar

15 jun 2017 . Actualizado a las 14:22 h.

O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, é tamén afectado pola perda de valor das accións do Banco Popular.

-Polo que nos contaron, parece que Xove é un concello con bastante xente afectada ¿Sabe algo?

-Eu creo que en todos os concellos da Mariña pasa exactamente igual. Sei de casos de xente que coñezo, pero tanto de Xove como de outros concellos.

-O dicían polo feito de que aquí só había oficina do Pastor e de Caixa Galicia.

-Eu creo que aquí non vai haber máis, porque noutros concellos tamén tiñan so o Pastor. Antes, na zona e en Galicia o Pastor e Caixa Galicia son anteriores a outras entidades. Eu creo que a situación non é exclusiva de aquí, hai moitos clientes, pequenos aforradores, afectados en xeral, sobre todo nesta zona do Norte onde o Pastor estaba máis asentado.

-¿Alguén falou con vostede deste asunto?

-Non, nada máis que a nivel particular, algún migo ou coñecido que me dixo que tiña alí algo, pero tampouco falamos de cantidades. Si que haberá xente afectada; evidentemente, non teño datos para dicir canta, pero as nivel persoal coñezo xente, tanto de Xove, como de Cervo, San Cibrao, Viveiro...

-¿Pediron axuda, sabe si se dirixiron a algunha entidade?

-Non, non teño idea.(...) Tamén son temas particulares e de forma oficial ninguén se dirixiu ó Concello. Son accións, tampouco son contas bancarias nin depósitos, son inversións e non sabemos canta xente pode haber. Pero seguramente haberá, como no meu caso, que tiña algunha.

-¿ Tamén perdeu cartos, entón?

-Si, si. Algo tiña. Haberá que reclamar.

-Ultimamente é tremendo isto dos bancos

-Si, a verdade é que si, sobre todo nunha entidade que sempre foi unha referencia. O Banco Popular foi unha referencia sempre, en España e tamén en Europa, a nivel de solvencia. E chegar a esta situación, sobre todo ó final, de un xeito...; con algo de escurantismo, porque nos últimos días nin a dirección do banco fixo nada para calmar o mercado. Crea un pouco de irritación, sobre todo nunha entidade histórica e que tiña tanto arraigo en Galicia. Eu entendo a todos os inversores, entre os que me atopo. É unha situación de impotencia e espero que a Xustiza compense ós miles de accionistas que moitos eran pequenos aforradores, que buscaron esta vía aconsellados moitas veces pola propia entidade, de que era un investimento seguro.

-En xeral a xente nestes casos adoita actuar aconsellada por alguén.

-Si, sobre todo nos sitios pequenos a xente confía, sobre todo a xente maior. Dende hai moitos anos houbo pequenos inversores que canalizaron os seus aforros por esa vía, sobre todo tendo en conta a estabilidade que proporcionaba o banco. Se vendía como investimento seguro.

-¿Van facer algunha acción?

-¿E que vou facer? É un tema que veu propiciado desde o Banco Central Europeo e haberá que reclamar en vía legal se non hai outra solución antes. O ideal é que houbera unha solución extraxudicial, pero se non hai...Si dende aquí, a través da oficina de consumo, podemos asesorar ós aforradores sobre cómo facer para reclamar os seus dereitos, vamos facelo.

-Grazas, espero que non perdera moito

-Cando perdes, sempre é máis do desexado, pero non é unha cantidade esaxerada. É unha pequena inversión que tiña aí, tamén hoxe en día as contas bancarias pouco dan e sempre buscas outras formas de investimento.