A Deputación presume de investir 4,6 millóns en 44 obras do Plan Único

s. c. / d. g. VIVEIRO / ALFOZ / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

Ademáis de subvencionar a atención a 905 maiores e axudar a crear 110 empregos

21 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O presidente socialista na Deputación de Lugo, Darío Campos, xunto ao voceiro do PSOE na institución, Álvaro Santos, mantiveron este martes un encontro con veciños dos concellos da Mariña para informalos das actuacións de máis de 4,6 millóns de euros, que o goberno provincial achega a esta comarca a través do Plan Único.

Campos Conde explicou que, de dita cantidade, o goberno da Deputación financia con máis de 3 millóns, que representan o 64,5% dos fondos totais do Plan Único na Mariña, 44 obras de dotación ou melloras de prestacións públicas. Por exemplo, novas traídas de auga, alumeados públicos, parques infantís, beirarrúas, aparcadoiros públicos, depósitos de auga; arranxos de rúas, camiños ou accesos a núcleos poboacionais e fincas agrogandeiras, locais sociais, instalacións deportivas e culturais, etc.

«Creo que cumprimos cos obxectivos que nos marcamos cando fixemos o Plan Único. Queríamos reactivar a economía da nosa provincia e dotar aos veciños de servizos públicos fundamentais, sobre todo no rural», afirmou Darío Campos.

O presidente da Deputación tamén explicou que «832.659 euros son para o Servizo a Domicilio a persoas non dependentes da Mariña, ás que non atende a Xunta por non telas catalogadas como dependentes. Con este orzamento, o Goberno do PSOE na Deputación poderá ofrecer atención profesional a un mínimo de 905 maiores».

Este presuposto tamén suporá a xeración de novos postos de traballo, os dos profesionais que teñen que prestar esta atención ás persoas maiores, en total uns 39 postos de traballo. Pero xeraranse, cando menos, outros 71 novos postos de traballo nos Concellos da Mariña para reforzar os servizos públicos, que estes municipios teñen que prestar aos veciños», apuntou.

Ademáis son 90 as citas turísticas, culturais e deportivas, que o Goberno da Deputación apoia nos Concellos da Mariña, achegando 275.000 euros. Por exemplo, a Festa da Faba de Lourenzá, o Mercado Medieval de Mondoñedo, Ribadeo Indiano, Mercado de Primavera do Valadouro ou a Feira Renacentista de Viveiro.

Ademáis 90 citas turísticas, culturais e do deporte -todas as principais- serán apoiadas tamén pola Deputación

nos concellos da Mariña, cuns 275.000 euros