O IES San Rosendo consolídase como formador de profesionais da Agraria

La Voz MONDOÑEDO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

Empresas de toda a provincia colaboran na aprendizaxe do alumnado

23 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo consolidase como un centro formador de profesionais da familia profesional agraria dentro dos ciclos da rama forestal e da agroxardineria.

Oferta os seguintes ciclos formativos da familia profesional agraria para o curso 2017-18.

O máis antigo é o ciclo superior de Xestión Forestal e do Medio Natural. Implantado neste Centro dende principios deste século

Ciclo medio de Aproveitamentos e Conservación do Medio Natural, na modalidade DUAL a raíz dun convenio firmado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Provincial de Empresarios de la Primera transformación de la madera de Lugo, onde un total de 13 empresas participan para que o alumnado alterne a actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa no IES.

Este alumnado terá unha maior facilidadde para a inserción no mercado laboral xa que simultanea a formación académica coa súa integración nos procesos produtivos da empresa.

Ciclo básico de Agroxardinería e composicións florais (FPB). Este ano que entra será o terceiro ano que se imparte, e onde gracias ó labor do profesorado e alumnado se está a conseguir unha nova motivación cara ó estudo dos rapaces. Participan no Proxecto Miniempresas Lugo do Programa Eduemprende da Consellería de Educación; creando unha miniempresa chamada “Arte floral San Rosendo”. Coa participación neste proxecto recibiron o segundo premio na categoría de miniempresa a nivel autonómico. Participaron neste curso que remata, no Campionato galego, Galicia Skills, e no Campionato Estatal Spain Skills. Entre outras máis actividades.

Este ano, comenza o Ciclo Medio de Xardinaría e Floraría para darlle continuidade ó alumnado que finaliza a FPB e para aquel alumnado que poida sentirse atraído por esta especialidade.

A formación académica desenvólvese a maior parte nas instalacións de ‘A Granxa’, finca na que se conta có equipamento adecuado para impartir a docencia de tódolos ciclos desta familia profesional. Complementándose con saídas, conferencias impartidas por expertos e coa formación en centros de traballo. Para a realización desta formación, contan coa colaboración das empresas do sector forestal, florerías, viveiros e empresas dedicadas a horticultura desta zona da Mariña, Occidente de Asturias e empresas do sector da provincia de Lugo, ás que o centro lles agradece a colaboración.

Tamén este ano parte do profesorado do Departamento de Agraria de Mondoñedo e profesorado colaborador doutros Centros imparte docencia non reglada nas Accións Formativas dirixidas a desempleados, AFD, da Consellería de Economía, Emprego e Industria cun curso que dá lugar a unha cualificación profesional para traballar como motoserrista ou conductor de autocargadores forestais e procesadoras forestais.

Este ano o IES San Rosendo recibiu a Placa De Honra da Condecoración da Orde Civil de Alfonso X El Sabio, que reflicte o respaldo ó bo facer da comunidade educativa deste IES mindoniense dende o ano 1954 ata nosos días.

Innovacións desde o departamento de tecnoloxía

Desde a materia de ITI contribuíuse á inmersión do alumnado na lingua inglesa, ao tempo que se usan diversas aplicacións informáticas que lles permiten tratar, elaborar e mellorar a comunicación da información tanto de modo oral como escrito.

Desde as materias de Tecnoloxía, Tecnoloxía Industrial e TICs pretendemos estimular a vocación científica, as habilidades para o traballo en grupo, a interese pola ciencia e a tecnoloxía e a súa contribución á mellora das nosas condicións de vida, tanto nos aspectos positivos como analizando criticamente os aspectos negativos a nivel de contaminación ou a nivel social, recalcando que a solución que se propón para palialas tamén vai ser o seguinte paso no desenrolo tecnolóxico.

Desde o curso pasado estamos inmersos na introducción da robótica e la programación na vida escolar, por iso comezamos a participar en diversos concursos de robótica e estamos moi orgullosos dos resultados obtidos, pero aínda máis do entusiasmo e do traballo do noso alumnado, da boa relación entre os mesmos e do enriquecedor que resultou o contacto con alumnos e profesores doutros centros.

A adquisición de certas habilidades á hora de programar e deseñar aplicacións electrónicas e informáticas mediante o método de proxectos, a súa defensa e exposición en público, a realización de prácticas de taller ou experimentos que apoien e amplíen os coñecementos adquiridos na materia, el respecto e a colaboración cos demais poden resultar fundamentais para o seu futuro laboral e académico, xa que se prevé que estas serán as habilidades máis demandadas nos traballadores nun futuro próximo.