«As probas saíronme moito mellor do que esperaba»

i. e. MONDOÑEDO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

Alumno do IES San Rosendo, acadou un 12,85 na selectividade

24 jun 2017 . Actualizado a las 21:45 h.

«As probas saíronme moito mellor do que esperaba», explica Víctor López Fernández. Con 18 anos cumpridos, este alumno do IES San Rosendo de Mondoñedo acadou nas PAAU unha nota de 8,8 e no bacharelato rematou cunha media de 9,48, o que o deixa cunha nota definitiva de 12,85. Dálle para entrar na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago, onde espera comezar o dobre grao de Comunicación Audiovisual e Periodismo. Esta é a súa primeira opción, de segunda pon Periodismo. Santiago sería o seu primeiro destino: «Quería acabar en Madrid, na Carlos III. Dixéronme que era a mellor en Periodismo».

Conta este futuro colega que o que máis lle gustaría é facer televisión ou estar nun xornal: «Sucesos e actualidade», matiza. Do curso que rematou, di que o máis duro eran a semanas de exames. Cando se lle pregunta se estuda moito, contesta que «son bastante desorganizado, pero aínda así, se sabes levar as cousas...». No seu caso, foi por Humanidades, e o latín ou o arte foron das súas materias preferidas. Fóra das aulas, gústalle a fotografía e o teatro, que puido practicar como actor, formando parte do grupo da asociación Xuvenil Xoldra.