Noraboa, Adrián

María Loureiro DE RÉCORD

A MARIÑA

ANTONIO BEN

Opinión

25 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Cando Adrián Ben Montenegro vén de lograr o seu último éxito, a medalla de bronce en 1.500 metros nos Europeos sub-20 ao aire libre, quero novamente felicitalo pola súa imparable traxectoria e, en concreto, polos excelentes resultados obtidos nesta temporada 2016-2017.

A día de hoxe e con respecto á presente temporada, a ficha de Adrián Ben na Real Federación Española de Atletismo revela que o atleta do FC Barcelona obtivo ao longo destes meses numerosas medallas de ouro e bronce, ademais doutros grandes logros, podendo destacar os primeiros postos obtidos no Campionato de España Junior, en 1.500 metros ao aire libre, obtido por segundo ano consecutivo; no Campionat Catalunya Clubs Sub-20-PC, en 1.500 metros en pista cuberta; no Campionato de España Junior, en 3.000 metros en pista cuberta; ou na Copa de Clubes Junior-Trofeo Antonio Ferrer, en 3.000 metros en pista cuberta; entre outros.

En nome do Concello, unha vez máis, a miña máis sincera noraboa por todos estes éxitos, por unha brillante carreira deportiva da que todos nos sentimos profundamente orgullosos, sabedores de que isto non fixo máis que empezar. Adrián Ben é un atleta excepcional, cun potencial enorme e cunha gran capacidade de traballo e esforzo; pero destaca, tamén, pola súa humildade, un valor que cómpre resaltar tendo en conta, sobre todo, a súa xuventude e o seu gran palmarés.