María González, matrona burelense: «Que se ceben con Cristina Pedroche por poñerse en forma no embarazo, sorpréndeme»

y. garcía BURELA / LA VOZ

A MARIÑA

XAIME F. RAMALLAL

A profesional reaccionou ás críticas en redes que recibiu a influencer e aconsella facer exercicio con asesoramento cualificado porque é beneficioso para a nai e o bebé

06 jun 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

«Mientras me critican yo sigo formándome y entrenando para llegar lo más fuerte posible tanto física como mentalmente al parto. Por mí y por mi beba», sinalaba Cristina Pedroche hai uns días no seu perfil de Instagram, onde ten tres millóns de seguidores. Publicación á que tamén reaccionou dende o seu Centro M de Burela a matrona burelense María González, facendo fincapé na importancia hoxendía de estar en forma no embarazo. De feito, os seus cursos de preparación ao parto gozan de gran demanda por parte de futuras nais.

—A Cristina Pedroche, algún internauta respondeulle «el que hagas tanto ejercicio no influye en nada» ou «que manía de prepararnos tanto para el parto», incluso «otra vez con la barriga al aire». Sorprendeulle?

—Non me sorprenderon as críticas. De feito aproveitei para visualizar o que estaba expoñendo ela. Teño visto esas reaccións moitas veces e escoitado comentarios como ‘es que se pasan'. A realidade é que pasamos do ‘non fagas nada' en todo o embarazo a de repente levantar máis peso que antes ou só poñerte en forma cando estás embarazada, cando igual antes non eras tan activa. Neste caso sorprendeume ver como se ceban con ela porque é unha diana fácil.

IMAXINA PRODUCCIÓNS

—Entón, cales son as recomendacións actuais ao respecto?

—Xa hai moita evidencia científica e sábese que facer exercizo é fundamental. Favorece que o bebé medre en mellores condicións, que reciba máis osíxeno, aumenta evidentemente o fluxo sanguíneo, diminúe patoloxías tipo diabetes ou preeclampsia, etc. Non se pode facer outra cousa que recomendar o exercizo porque, ademais, co estilo de vida actual a mobilidade está reducidísima, sentámonos máis que antes e temos traballos máis sedentarios. A pelve é o elemento máis importante no parto pero habitualmente está ríxida porque non a mobilizamos, practicamente, comparado con antes. Iso fai que o bebé teña menos espazo do que debería e que haxa lumbalxias e complicacións no parto, xa que o bebé non consigue descender ben. Ata o uso do váter afecta, en vez de cando se defecaba en cuclillas no campo. A cadera é moi importante.

—Como son as técnicas actuais?

—Combinando exercizos de estiramentos como levar un brazo a un lado e outro, de mobilidade como sentarse encima da pelota de pilates e facer círculos ou de forza e aeróbicos para aumentar a frecuencia cardiaca. Consíguense menos molestias no embarazo, sentirnos máis lixeiras e máis fortes e mellorar o proceso do parto, tanto para a nai como para o bebé, aparte dunha mellor recuperación post-parto.

—Hai casos que piden repouso?

—En certas patoloxías antes se recomendaba repouso absoluto e se segue a facer de maneira inadecuada. Un caso, o do crecemento intrauterino retardado: o bebé non medra porque non hai suficiente nutrición a través da placenta, cando recibir máis aporte conseguirase a través do exercizo. O que é esencial é que estea guiado por personas cualificadas, entrenador deportivo, fisioterapeuta ou matrona.