Burela servirá hoxe na súa Feira do Bonito case tres toneladas deste peixe

LAURA R. CUBA / s. c. BURELA / LA VOZ

BURELA

A colaboración veciñal é fundamental para que a festa saia a pedir de boca en Burela.
A colaboración veciñal é fundamental para que a festa saia a pedir de boca en Burela. x. f. ramallal< / span>

A Asociación Cultural Fanto Fantini colabora este ano con Ledicia para organizar unha feira máis fresca e nova

01 ago 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Burela acolle hoxe o día grande da súa trixésimo primeira Feira do Bonito. As actividades comezan ás 11 horas coa Olimpiada da Costeira no porto, onde tamén se realizarán os obradoiros infantís.

Ás 13 horas, a Coral de Burela deleitará aos visitantes cunha actuación no paseo marítimo da praia do Portelo.

Media hora máis tarde oficiaranse os actos institucionais, coa inauguración oficial da festa, o nomeamento do asador maior e colaboradora de honra, a entrega de premios do concurso de carteis e o pregón, a cargo de Mario Ferreira. Ás 14.00 comezarase a repartir as racións e Pingüino amenizará o xantar. Pola tarde habilitaranse hinchables para os máis pequenos e ás 16.00 horas tamén será o I torneo aberto de xadrez «Reyes y Peones».