Un paso adiante no apoio da Escola de Música de Foz

ANPA ESCOLA DE MÚSICA DE FOZ FORO PÚBLICO

FOZ

17 ago 2015 . Actualizado a las 13:10 h.

Aposta en marcha da Escola de Música de Foz, mudou a tradición musical da nosa vila, e consegueu que sexan moi numerosos os nenos e rapaces que na actualidade teñen coñecementos musicais e saben tocar algún instrumento.

Este ano pasado xubilábase Arcadio Mon, artífice en gran medida destes logros, e a dirección da Escola de Música pasou a Felipe Sánchez, profesor da escola e director dos dous coros que ésta ten en marcha.

Novas e moi ilusionantes propostas

A Escola de Música de Foz entra nunha nova etapa, e para ela ten novas e moi ilusionantes propostas, o que sin duda lle dará un forte pulo e a situará ao nivel que os cativos e o pobo de Foz merece. Ahora ben, para que esto sexa realidade non é suficiente có traballo moitas veces non recoñecido, nin valorado, nin pagado dos profesionais senón que é necesario o apoio firme, claro e sostido das insitucións municipais e da sociedade de Foz.

Por eso, as nais e pais da Escola de Música de Foz pedimos á nova corporación municipal que vén de ser elexida nas urnas, que dea un paso adiante claro e firme no apoio da Escola de Música; pedimos que ésta deixe de ser un apartadiño do seu programa e pase a constituír un píar fundamental da área de cultura do concello; que haxa un apoio económico que lle permita saír da provisionalidade e fraxilidade para constituírse nun apartado orzamentario acorde coa función que está a desenvolver na nosa vila. Todos os grupos políticos que ahora mesmo están representados no concello de Foz, teñen responsabilidade en que esto sexa así e a todos eles vai dirixido este escrito. A Escola de Música é municipal, é decir, depende do concello, e sen ese apoio firme que sí teñen as Escolas de Música municipais noutros concellos da Mariña, o seu futuro é totalmente incerto.

Contamos coa vosa colaboración

Doutra banda, tamén pedimos á sociedade focega que sinta como súa esta insitutción e que llo faga saber aos nosos representantes políticos. Que a Escola de Música é importante para Foz é evidente, non hai máis que ver a asistencia aos concertos que se organizan ao longo do curso, ahora fáltanos dar un paso máis e facer que entre na «axenda política» do Concello. Contamos coa vosa colaboración.