Carta a Pablo Iglesias Posse (fundador do PSOE)

J. FCO. RAMALLEIRA, afiliado do PSdeG de Foz AFILIADO DO PSDEG DE FOZ

FOZ

20 oct 2016 . Actualizado a las 15:25 h.

Ola Pablo. Ola compañeiro.

Hoxe tas de aniversario. Fai 166 anos que naciches no Ferrol. Bo dia para nacer, o día das San Lucas, unha feira moi importante na nosa terra. Por certo case nacemos o mesmo día. Eu celebrei anos onte.

Ti que fundaches o PSOE o 2 de Maio de 1879 como un partido de crase obreira, socialista e marxista, si podes ver, dende algún lado, o teu partido seguro que non entenderas nada do que está a pasar.

Vou haber si cho podo aclarar. Resulta que a día de hoxe no noso partido non hai ningunha ideoloxía. Primeiro no ano 1979 renunciamos o Marxismo, e hoxe xa non podemos presumir de representar a clase obreira nin a socialista.

Os nosos dirixentes non teñen como primeiro obxetivo a defensa dos intereses da crase obreira e a mellora da sociedade na que vivimos. A maioría deles son xente estudada que pasa da universidade as institucións e non coñecen a realidade da sociedade na que viven. Tratan de asegurarse os postos de saída nas listas electorais, e raramente os veras defendendo un desauciado ou unha reivindicación cidadá, si acaso en época electoral.

Os lideres teñen moito intres en controlar o partido e hai unha verdadeira guerra por o poder que o ten totalmente dividido. Non escoitan a militancia que está moi enfadada.

Vouche avanzar algunhas das cousas que van pasar no noso partido proximamente para que te vaias facendo a idea:

O vindeiro domingo vai haber una Comité Federal que vai favorecer a investidura de Rajoy que lidera o partido que defende todo aquelo contra o que ti loitaches. Vai ser un Comité Federal duro, con bronca e que dividirá o partido entre os que queren facilitar a investidura e os que non. Van gañar, pero a división vai quedar por moito tempo aínda que a tratarán de disimular.

Din que e o menos malo e que o fan por intres do Pais. Din que o tar o PP en minoría pódese controlar no parlamento e que terá que negociar día a día.

Eu non entendo nada. Si o mellor para o pais e ter un goberno, haberá que deixarlle gobernar. Vamos ser nos quen favoreza esa gobernabilidade, vamos ser nos que lle aprobemos os presupostos. Non creo que sexa iso o que queren os nosos afiliados nin votantes, nin creo que no lo premien en futuras eleccións.

Si por o contrario non vamos favorecer a gobernabilidade e so vamos facer unha labor de control do goberno, por que favorecer a investidura, ou si se favorece, por que non se entra no goberno, non hai mellor forma de controlar o goberno que estando nel. Tampouco creo que nos agradezan os votantes que favorezamos a investidura dun goberno e non lle deixemos gobernar.

O que si teño claro e que os afiliados e os votantes do PSOE non queren que se favoreza a investidura do goberno do PP. Tamén teño claro que non os van a consultar por moitas firmas que presenten. Eu dende logo non facilitaría a investidura de ninguén do PP sen consultar os afiliados que realmente son a voz do partido, e ademais o PP defende políticas moi distintas as nosas. Ademais non hai un só votante do PSOE que puidese imaxinar que o seu voto servise para investir a Rajoy.

No pleno de investidura farán o paripe. Aínda que todo o Pais sabe que van facilitar a investidura, en primeira convocatoria votaran que non, e en segunda absteranse, ou ausentaranse, un número suficiente mentres os demais votaran non.

Si todos sabemos o que van facer, non entendo, por que non o fan xa na primeira sesión, Aforrase tempo e cartos.

O partido vai quedar dividido e a guerra trasladarase as primarias para a elección de secretario xeral e o próximo Congreso. Por certo que algún, ou algunha, dos lideres que apostaron moi forte neste proceso vai ter moi difícil acadar a Secretaria Xeral o ter a militancia en contra.

Como veras o partido está moi mal. Peor que cando empezastes. Erades poucos, pero unidos, e con traballo e unión podíase medrar. Agora somos mais. Pero divididos e enfrontados e iso só nos pode levar o fracaso e mesmo a desaparición.

Querido Pablo aínda que son moi malos tempos para o partido, somos moitos os que che agradecemos o teu esforzo o crear o partido e tratar de engrandecelo. Aínda que hoxe algúns parece que o queren levar o fracaso.

Un saúdo socialista e ata tempos mellores.