Mondoñedo lembrará este venres a Leiras Pulpeiro coa participación de estudantes

e. m. MONDOÑEDO / LA VOZ

MONDOÑEDO

PEPA LOSADA

Proxectarase o audiovisual «Polos camiños de Leiras», haberá lectura de poemas e farase parte do roteiro a pé

03 mar 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Mondoñedo promove este venres unha xornada de lembranza en honor a Leiras Pulpeiro na que participarán tamén estudantes dos centros educativos de Mondoñedo e de Burela.

A xornada comezará moi cedo, ás 9.30, na alameda dos Remedios onde serán recibidos os estudantes. Despois no IES San Rosendo serán saudados polo alcalde, Orlando González; por Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación, e por Antonio Reigosa, cronista oficial de Mondoñedo. Tamén está previsto que asistan os directores/as dos IES San Rosendo, Monte Castelo, Perdouro y do CEIP Álvaro Cunqueiro.

O profesor Bernardo Penabade fará unha reseña de Leiras Pulpeiro e Antonio Reigosa falará do novo roteiro turístico e literario adicado a Leiras en Mondoñedo.

Proxectarase o audiovisual «Polos camiños de Leiras», realizado por Matías Nicieza e narrado pola escritora Marina Mayoral, coa colaboración do grupo literario Leiras Pulpeiro. Os propios alumnos recitarán de seguido poemas de Leiras e farán un percorrido por parte do roteiro literario e turístico.

Como non todo van ser letras, a Aciam de Mondoñedo agasallaraos cunha degustación de doces típicos da cidade episcopal ofrecidos pola Alianza, O Rei das Tartas e Val de Brea. Tamén haberá unha ofrenda floral na campa de Leiras e visitarán finalmente a área recreativa da Fervenza de Viloalle e A Recadieira.

homenaxe