Creo, logo opino

ARTURO MOGO

RIBADEO

27 jul 2015 . Actualizado a las 13:36 h.

El caminante sobre las nubes. Obra do pintor romántico alemán Caspar david Friedrich.

Sobre esta obra en particular vértense opinións na busca do cerne do seu simbolismo, coma esta que reza: «El viajero se encuentra de espaldas y no puede vérsele la cara. El no tener rostro, transmite mejor la idea de la disolución del individuo en el TODO cósmico».

Se seguira a nomear valoracións críticas sobre moitas outras obras, atoparíamonos enfronte dun inmenso cráter de palabras bensoantes, cargadas de barroquiáns floreos retóricos.

Nada máis lonxe deste tipo de enfoques, que a miña pretensión cando debuxo.

Eu, sinxelamente, fago unhas liñas (raias) e, sobre esas liñas, vou edificando o debuxo que teño na mente.

Que lle guste ao espectador

O único que desexo (e con moitas persoas o consigo) é que o espectador lle vote unha atenta ollada ao debuso que argallei e, unha vez feito isto, manifeste se lle gusta ou non... sen máis voltas nin reviravoltas.

Para min, esta pronunciación do espectador, é o que realmente me interesa. Todo o demais, consiste en envolver a crítica en raciocínios cáseque existenciais e, neste criterio, non me importa para nada.

Así é que, eu defendo a pintura, por canto, con ela plásmase exteriormente ese interno sentimento de sensibilidade que está acubillado no noso interior, pero, a única meta miña, baséase na aludida pronunciación do observador: «gústame» ou «non me gusta».

O demais é fume que se incrusta no ondulante péndulo da retórica rebuscada e rimbombante.

Arturo Mogo é excritor e dibuxante.