O Día de Galicia máis musical, coa Banda de Ribadeo

La Voz

RIBADEO

FOTO MIGUEL

Ofrecerá hoxe no parque de San Francisco, se non chove, o concerto tradicional do 25 de xullo

25 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20.30 horas • Parque de San Francisco • «Será un concerto para celebrar este día especial no que levamos anos participando e a temática vai ser fundamentalmente de temas de compositores galegos, aparte vai haber algunha sorpresa e despedirémonos co Himno Galego». Así describe con antelación o presidente de Amadores da Música, Chema Suárez, como vai ser o concerto que no Día de Galicia ofrecerá a Banda Municipal de Música de Ribadeo. Se chovese, trasladaríase ao Cine Teatro.