Lázaro Louzao, de Xove, reúne 8.000 euros no crowfunding e rodará a súa primeira película

La Voz XOVE / LA VOZ

XOVE

CEDIDA

«Nove de Novembro» será a primeira longametraxe de temática LGTB rodada en galego

08 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Tras unha exitosa campaña na rede na que recabaron máis de 8.000 euros en tan só un mes, grazas a unha campaña de crowfunding (aportacións voluntarias), o mozo de Xove Lázaro Louzao comezará a rodar en agosto a súa primeira película, «Nove de Novembro», que será a primeira longametraxe de temática LGTB rodada en galego; de feito a rodaxe comezará o vindeiro mes de agosto e conta tamén co apoio do Concello de Xove.

La Voz tamén respaldou esta campaña a través destas páxinas e da edición dixital para promocionar a mesma.

A campaña de financiamento, que seguirá activa ate o vindeiro 15 de marzo, enfoca agora os seus esforzos en xuntar outros 5.000 euros para poder asegurarlles un salario tamén ao equipo técnico da película.

«Somos conscientes de que quedan poucos días para conseguir o segundo obxectivo, pero estamos traballando en máis vías de financiamento para conseguilo», aclara o seu director, Lázaro Louzao. Na campaña de micromecenazgo prantéxanse aportacións dende os 3 euros ate os 500 euros para que participe todo aquel o que lle interese o proxecto.

Gastos cubertos

«Os gastos de rodaxe e os salarios dos actores xa están cubertos, explica Louzao, agora temos que conseguir que cobren todos os demáis, que sexa un proxecto de baixo presuposto non debería significar que a xente traballe gratis», remata o xoven director natural de Xove, xa autor de varias curtas premiadas.