«Ningunha herba é mala de todo, pero hai que controlalas»

Serxio González Souto
Serxio González VILAGARCÍA

AROUSA

MARTINA MISER

Entrevista | Carmela Alfonso Leiro Imaxes vexetais para un concello que o BNG ve moi necesitado de «osíxeno»

12 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

É a súa primeira experiencia en política, e non precisamente nun entorno doado. Pero a Carmela Alfonso, que constrúe o seu discurso arredor da esperanza, o reto non lle bota para atrás. -Dígame, unha praia que non sexa As Sinas. -As Patiñas, que non coñecín ata hai pouco, non sei se por estar mal sinalizada. É máis ampla do que pensara, e máis aló hai zonas que precisan melloras. E As Aceñas, en Baión. Eu son de monte, ou de río, máis que de areais. -Hai aslfato nas Aceñas e problemas no Terrón... -Os espazos naturais están descoidados e infrautilizados. Pasa igual co monte. Hai que revalorizalo máis aló do valor económico que ten de por si, o da madeira. Hai, un valor para min incalculable que é a auga, a auga que proporciona aos veciños de András. É un sitio a mimar e a protexer, non xa para os vilanoveses senón para todos os arousáns. -Acondicionar e limpar, cousas importantes. -Mira, a comunidade de montes traballou ben en Lobeira, e a limpeza notouse logo na incidencia do lume no chan. Non é o deterioro que tivemos no Xiabre, nin punto de comparación. A primeira comunidade da que me preocupei foi a de András. Era o 9 de agosto e lembro como o presidente sufría. Se cadra iso foi o que me deu ese punto de inspiración, de pensar «hai que facer algo». Non podemos quedar con esta pena. -Sabe de xardinería. -Sei. -¿E como ve este xardín? ¿Herbas malas ou boas? -Ningunha herba é mala de todo, nunca. Iso si, nun momento dado poden estar mal ubicadas e botar a perder un cultivo do que pretendes quitar un ben e non hai maneira. -¿Que remedio aplicaría, xa que logo? -Controlalas. Nunca eliminar, combater nin erradicar. Xa sei que os homes sodes moi dados a esa terminoloxía bélica. Pero eu tiña unha avoa que se chamaba Paz. Paz. Casei en András, e era unha parroquia moi unida. Agora notas un enfrontamento que non había anos atrás. Se cadra funcionou aquilo de divide e vencerás. Pero vencer non é tan importante. Importa máis recuperar as relacións, as mellores formas, a normalidade. -Un hotel, para rematar, que non sexa La Sirena. -Veño de Saborido, que está aquí mesmo, de falar co hotel veciño. De algo tan importante para a empresa como é a colaboración.