QUEN VEÑO SENDO «Non podía rexeitar a invitación do Bloque»

La Voz

AROUSA

NÚMERO 3 DO BNG EN CAMBADOS

12 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

¿Quen son? Teño 39 anos e son veciño de Castrelo, no municipio de Cambados. Estudei Maxisterio e Psicoloxía e son oficial do Exército Español de Terra na reserva. Actualmente son xerente das librarías Castelao CB, de Castrelo, e Illa de Arousa, e socio da empresa Nospapel CG, xunto coas librarías Ramón Cabanillas e Contos, de Cambados. Tamén son vicepresidente de Zona Centro de Cambados e secretario da Agrupación de Libreiros de Pontevedra ¿Por que me meto en política? Por dúas razón moi sinxelas. A primeira é que como comerciante nunha parroquia como Castrelo, débome aos meus veciños. É de persoas ser agradecido, por iso quero traballar con eles e para eles. E a segunda, sendo o BNG o único partido político de Galiza non ía rexeitar a súa invitación a traballar con eles nesta nova andadura para o meu municipio e máis para Castrelo. Coido que é preciso cambiar moitas cousas. Fixeron un paseo moi bonito, pero nin unha zona verde nin canchas para os rapaces. Tiñamos un parque cheo de arbolado, xusto enfronte do Concello, e quitárono todo. A casa de cultura está nas aforas e os museos son completamente ríxidos.