Anova chama a Bloque, CxG, Podemos e EU a sumar forzas nunha candidatura no Grove

o grove / la voz

AROUSA

27 ago 2014 . Actualizado a las 06:54 h.

«Combater o pucheirazo que o PP quere enmascarar nunha reforma da lei electoral, frear o enorme deterioro social, político e económico, retirar do poder municipal aos partidos do réxime e rexenerar a democracia no concello». Estes son os obxectivos da proposta de suma de forzas que a agrupación de Anova-Irmandade Nacionalista vén de lanzar a BNG, Compromiso por Galicia, Podemos e Esquerda Unida no Grove. O seu obxectivo último pasaría por impulsar un proceso aberto de elaboración dunha candidatura conxunta «que lle dea a palabra a cidadanía nas vindeiras eleccións municipais de maio».

Anova considera imprescindible «tecer as redes cidadáns que establezan os alicerces para iniciativas de unidade popular» e cre chegado o momento de que, como primeiro chanzo, as forzas convocadas dean prioridade ao que as une, e non ao que as separa. Candidatos e programa aprobaríanse nun proceso de primarias aberto.