Roberto Dadín, de Amegrove, elixido mellor patrón da Liga Galega de Traíñas A

Vilagarcía / La Voz

FIRMAS

Roberto Dadín Touriño.
Roberto Dadín Touriño. cedida< / span>

30 sep 2014 . Actualizado a las 04:56 h.

Nin acadou o título, nin o ascenso no play-off, pero o Amegrove C.R. voltou o pasado venres da gala anual da Liga Galega de Traíñas cun premiado. Con 14 anos -cumprirá os 15 o 23 de decembro- Roberto Dadín Touriño foi elixido como mellor patrón da máxima categoría masculina da Liga. Un galardón que se gañou con tan só oito regatas esta tempada, tres delas, iso si, con triunfo da traíña mexilloeira: Vilaxoán, con bandeira, e as primeira xornadas do Teresa Herrera e da Bandeira da Mariña, en Ribadeo. Ademais Dadín fora distinguido en A Cabana co trofeo á mellor virada.

O seu adestrador, Diego Portela, salientou onte a calidade dun rapaz «espabilado e con maneiras», pero ao que só ve un par de anos máis de patrón polo seu potencial de crecemento físico orientado ao papel dun potente remeiro.